
Sobre min

Ola, son Xabier Lameiro, arquitecto de software galego. Construín produtos web en banca e retail, traballando para compañías como CaixaBank, Openbank e Inditex.
Actualmente céntrome en React, Next.js e TypeScript, con especial interese no testing, na automatización e no IoT. Ademais son técnico superior en microinformática e redes.
Este sitio é o meu laboratorio: un escritorio estilo macOS construído con Next.js onde publico o que aprendo, en inglés, español e galego.