Despregar o meu Storybook de compoñentes é moi sinxelo
Cando os teus compoñentes viven en Storybook podes convertelo nun sitio estático e aloxalo onde queiras, para que o teu equipo, os teus clientes ou o teu eu do futuro naveguen a biblioteca de compoñentes en liña — sempre actualizada. Aquí está o fluxo enteiro: o comando de build, unha story de verdade, como despregalo e os detalles que de verdade che comen a tarde.
Para que despregalo?
Storybook correndo en localhost:6006 só axuda a quen o lanzou. Despregado, convértese nunha superficie compartida: os deseñadores revisan compoñentes sen clonar o repo, QA liga un bug directamente ao estado roto, a xente nova aprende o sistema de deseño navegándoo, e tes unha URL permanente de cada compoñente para pegar nun pull request ou nun ticket de deseño. É a guía de estilo viva máis barata que podes publicar — o build xa existe, só estás aloxando a carpeta que produce. A única pega: un Storybook público expón a API interna dos teus compoñentes, así que se a biblioteca é privada, ponno detrás de autenticación (unha preview protexida, basic auth ou un host privado) en vez de nun subdominio aberto.
1. Comandos de Storybook
storybook build xera un sitio estático en storybook-static/ — esa carpeta é o que despregas.
2. Escribe unha story para un compoñente
Unha story é un único estado renderizado dun compoñente. Mantén un ficheiro .stories.tsx xunto a cada compoñente. Esta é a API clásica que a maioría de titoriais seguen ensinando:
Stories no Storybook actual (CSF3)
Ese par ComponentStory / ComponentMeta é a API de Storybook 6 e está deprecada desde Storybook 7. En Storybook 8 (o major actual en 2026) o formato é CSF3, que elimina o boilerplate do template — unha story é só un obxecto con args:
Se estás migrando, npx storybook@latest migrate csf-2-to-3 fai case todo o traballo mecánico. Fixa a versión no post ou no repo para que quen o lea saiba que API está mirando — isto é xusto o que apodrece co tempo.
3. Xera o sitio estático
npm run build-storybook # ou: yarn build-storybook# → xera o sitio en ./storybook-staticnpx serve storybook-static # opcional: próbao en local primeiro
Próbao en local antes de despregar. Se se ve mal servido con serve (un servidor estático pelado), verase mal no host tamén — mellor decatarte agora.
4. Desprega a carpeta storybook-static
Apunta calquera host estático a esa carpeta:
- Vercel: importa o repo, pon Build command en
npm run build-storybooke Output directory enstorybook-static. - Netlify: mesmo comando de build, Publish directory
storybook-static. - GitHub Pages: publica
storybook-static/desde unha GitHub Action (a oficialupload-pages-artifact+deploy-pages).
Para reconstruír en cada push, o job de CI é curto:
Así é exactamente como se constrúe o exemplo de abaixo e se serve desde un subdominio.
Detalles que che comen a tarde
- Páxina en branco ou sen estilos: un desaxuste de base path. Aloxa na raíz do dominio (un subdominio vai moi ben) ou configura o base path; a consola do navegador ensinarache os 404 dos bundles.
- Fallos de instalación por peer dependencies: os majors de Storybook van por detrás do React máis novo. En React 19 pode que precises
--legacy-peer-depspara instalar, e algún addon non chegará aínda — mira a matriz de soporte do addon antes de actualizar, non despois. - Build cacheado: os hosts cachean agresivo. Se os teus cambios non aparecen, confirma que o deploy reconstruíu de verdade
storybook-statice invalida a caché do CDN.
Aquí está o meu despregado nun subdominio: https://storybook.xabierlameiro.com
